Unha fórmula híbrida, teatro e narración oral, na que Cándido Pazó combina e optimiza a súa pericia neses dous ámbitos da comunicación escénica, satisfacendo todo tipo de públicos, nun encontro entre o culto e o popular.
Un espectáculo explosivo no que actor e espectador están en continua conexión, nun discurso irónico e cun ritmo trepidante.
Na nosa versión adaptamos uns contos do orixinal. Os máis divertidos e mordaces, os de máis proveito hoxe en día, os máis acaídos para o noso tratamento escénico. Unha selección que varía según o tipo de público: xeral ou escolar (2º ciclo de ESO y bachiller).
- Adaptación e Cómico narrador: Cándido Pazó
- Composición e dirección musical: Manuel Riveiro
- Grabación musical: Harry C (viola, violín y mandolina), Manuel Riveiro (Guitarras, percusión, piano y programaciones)
- Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
- Iluminación: Afonso Castro
- Deseño gráfico: Miramemira
- Colaborador na producción: Avelino Cores “Faber”
- Axudante de dirección e xefe técnico: Afonso Castro
- Producción: Belén Pichel
- Dirección: Cándido Pazó