Próximas Datas
- 21/11/2024 - PONTEVEDRA
- 13/12/2024 - A CORUÑA Teatro Rosalía de Castro
- 14/12/2024 - A CORUÑA Teatro Rosalía de Castro
- 09/05/2025 - MAIRENA DE ALCOR, Sevilla
Unha comedia tola e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, no xeito peculiar de Martin McDonagh, zumegan temas tan candentes coma o racismo, o machismo e a xenofobia.
Cuarto ruín dun hotel cutre nunha anónima vila americana.
Carmichael, un supremacista branco estrafalario e agresivo, ofrece unha recompensa por recuperar a man que lle cortaron de adolescente nun acto de absurda violencia.
O mozo negro Toby e a súa noiva branca Marilyn pretenden enganar a Carmichael ofrecéndolle unha man roubada nun museo e que, polo escura que é, non parece ser a súa.
Mervyn, o recepcionista do hotel, un tipo estrambótico e algo surrealista, intervén en tan insólita transacción e desátase…
- Autor: Martin McDonagh
- Título orixinal: A Behanding in Spokane
- Elenco: Evaristo Calvo, María Roja, Santi Romay, Diogo Sales
- Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”
- Vestiario: Martina Cambeiro
- Iluminación: Afonso Castro
- Música: Guillerme Fernández
- Axudante de dirección: Antonio Mourelos
- Dirección de produción: Belén Pichel
- Versión e dirección de escena: Cándido Pazó