Próximas Datas

  • 09/05/2025 20:30 H - SANTIAGO Teatro Principal
  • 10/05/2025 20:30 H - SANTIAGO Teatro Principal

75 minutos lembrando a figura de Carlos O Xetal. Diversión, emoción e reflexión nun espectáculo que reivindica a riqueza da tradición oral e a memoria rural como fonte expresiva na que ten de beber a lingua viva e con arelas de futuro

Noite de luar. Encrucillada de camiños. Entra en escena un home miúdo e melancólico. É o personaxe d’O Xestal.

Á luz dun candil, vestido de repoludo gaiteiro rosaliano, sáelle ao paso un mozo novo e garrido. É a morte.

O personaxe d’O Xestal négase a recoñecer a morte en tan atípica fasquía. Cando finalmente a recoñece resístese a seguila, establecéndose entre eles unha dinámica e amena tirapuxa na que se entreveran os episodios máis significativos da sufrida vida d’O Xestal con algúns dos seus contos máis divertidos.

  • Autor: Cándido Pazó
  • Elenco: Avelino González, Toni Salgado
  • Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”
  • Vestiario: De cotío
  • Cartaz: Juan Gende
  • Técnica e Iluminación: Afonso Castro e Miguel Cabaleiro
  • Música: Xurxo Souto e Richi Casás
  • Técnico de grabación: Tomás Ageitos
  • Dirección de produción: Belén Pichel
  • Dirección de escena: Cándido Pazó