Próximas Datas

  • 21/11/2024 - PONTEVEDRA
  • 13/12/2024 - A CORUÑA Teatro Rosalía de Castro
  • 14/12/2024 - A CORUÑA Teatro Rosalía de Castro
  • 09/05/2025 - MAIRENA DE ALCOR, Sevilla

Unha comedia tola e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, no xeito peculiar de Martin McDonagh, zumegan temas tan candentes coma o racismo, o machismo e a xenofobia.

Cuarto ruín dun hotel cutre nunha anónima vila americana.

Carmichael, un supremacista branco estrafalario e agresivo, ofrece unha recompensa por recuperar a man que lle cortaron de adolescente nun acto de absurda violencia.

O mozo negro Toby e a súa noiva branca Marilyn pretenden enganar a Carmichael ofrecéndolle unha man roubada nun museo e que, polo escura que é, non parece ser a súa.

Mervyn, o recepcionista do hotel, un tipo estrambótico e algo surrealista, intervén en tan insólita transacción e desátase…

  • Autor: Martin McDonagh
  • Título orixinal: A Behanding in Spokane
  • Elenco: Evaristo Calvo, María Roja, Santi Romay, Diogo Sales
  • Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”
  • Vestiario: Martina Cambeiro
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Música: Guillerme Fernández
  • Axudante de dirección: Antonio Mourelos
  • Dirección de produción: Belén Pichel
  • Versión e dirección de escena: Cándido Pazó