Unha peza para público infantil e familiar que, nun ton poético e nunha estética fresca e luminosa, conta o relato dunha reconciliación, coa vida e co seu pai, dunha nena de dez anos ferida por unha perda traumática.
Unha nena perdeu prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo. O pai non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a filla e argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca.
Unha bibliotecaria amena e espelida axuda á nena a descubrir o vínculo entre os libros e a vida, logrando establecer coa cativa unha relación divertida, construtiva e inspiradora. Moitos anos despois, a nena, agora escritora, voltará á biblioteca para contarnos aquela experiencia iniciática e sanadora.
- Autor: Harkaitz Cano
- Versión galega: Cándido Pazó
- Elenco: Paula Pier (A nena); Salvador del Río (O pai); Susana Sampedro (A bibliotecaria)
- Escenografía: Fernando Bernués
- Iluminación: Ximo Olcina
- Ilustracións proxectadas: Isabel Helguera
- Axudante de dirección: Antonio Mourelos
- Axudante de produción: Patricia Souto
- Directora de produción: Belén Pichel
- Dirección de escena: Fernando Bernués