Entrega en man

Unha comedia tola e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, no xeito peculiar de Martin McDonagh, zumegan temas tan candentes coma o racismo, o machismo e a xenofobia. Cuarto ruín dun hotel cutre nunha anónima vila americana. Carmi ...

O mundo está roto pero pódese camiñar

Unha peza para público infantil e familiar que, nun ton poético e nunha estética fresca e luminosa, conta o relato dunha reconciliación, coa vida e co seu pai, dunha nena de dez anos ferida por unha perda traumática. Unha nena perdeu prematuramente ...

Apaga o candil

75 minutos lembrando a figura de Carlos O Xetal. Diversión, emoción e reflexión nun espectáculo que reivindica a riqueza da tradición oral e a memoria rural como fonte expresiva na que ten de beber a lingua viva e con arelas de futuro Noite de luar. ...

Cigarreiras

Baseado en "La Tribuna" de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrxica audaz que, con sete actrices en escena, conxuga o ton propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, ...

Memorias dun neno labrego

Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 50 aniversario da súa primira publicación. "Memorias dun neno Labrego": En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido ...